Martes 19 Marzo 2024

O peixe coa cabeza transparente e o cerebro á vista

O biólogo Antonio Figueras preséntanos á Macropinna microstoma, toda unha rareza no mundo animal

A quen non lle gustaría ver a cabeza de alguén por dentro? Sobre todo se puideses ver tamén os seus pensamentos. Macropinna microstoma é un peixe cun cranio que non pode enganar a ninguén. É recoñecible pola súa cabeza transparente en oposición á opacidade do resto do seu corpo. Vive entre os 600 e 800 metros de profundidade.

M. microstoma é coñecido pola ciencia desde 1939, pero se descoñece se foi fotografado vivo antes de 2004. Os primeiros debuxos non o amosaban coa súa cabeza transparente, porque se descompoñía ao ser sacada das profundidades mariñas.

Publicidade

Despois de estudar concienciudamente o seu comportamento en augas profundas de California, os investigadores chegaron á conclusión de que este mecanismo permite que aumente o seu ángulo de visión e así detectar mellor ás súas presas. Noutras palabras: o peixe ve a través da súa propia cabeza.

Enriba da súa boca ten dous buratos negros que pola súa posición poden semellar os ollos, pero que en realidade son os seus órganos olfativos.

O peixe ten unha peculiar característica, ve a través do seu cranio transparente por medio dos órganos verdes que están dentro de devandito cranio cunha visión periférica grandísima, podéndoos mover en todas as direccións, xa que son uns ollos tubulares, moi sensibles á luz.

En cambio noutras especies os ollos tubulares son fixos e están ancorados ao cranio. Este feito permítelle agrandar o limitado campo de visión propio dos ollos tubulares.

Aínda que este tipo de ollos en forma de tubos son moi bos para recoller a luz, teñen un moi estreito campo de visión. Ademais, ata o de agora, a maioría dos biólogos mariños cría que os seus ollos estaban fixos nas súas cabezas, o que só lles permitiría mirar cara arriba. Isto faría imposible para os peixes ver o que está directamente diante deles.

Aspecto do cranio do peixe.

No blogue Vistalmar describen como recentemente Robison e Reisenbichler realizaron tomas de vídeo cun ROV que amosaron a estes peixes flotando inmóbiles na auga, cos ollos dunha viva cor verde brillante ante os focos a cámara. O vídeo tamén amosou unha característica anteriormente non descrita destes peixes: os seus ollos están rodeados por unha cuberta transparente, chea de líquido protector que cobre a parte superior da cabeza do peixe.

Robison e Reisenbichler foron extremadamente afortunados, xa que foron capaces de capturar cunha rede este raro peixe, que foi levado con vida á superficie, onde sobreviviu durante varias horas nun acuario a bordo dun buque.

Dentro deste ambiente controlado, os investigadores foron capaces de confirmar o que viran no vídeo do ROV: o peixe viraba os seus ollos tubulares cando cambiaban de posición.

Xa me gustaría a mín que moitos humanos tivesen a cabeza transparente e que soubésemos o que realmente pensan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas