A costa de Groenlandia, fotografada dende o Sarmiento de Gamboa.
A costa de Groenlandia, fotografada dende o Sarmiento de Gamboa.

Groenlandia á vista!

Caderno de bitácora:
Atlántico Norte/ 16de xullo de 2016
Latitude: 59,29 graos Norte
Lonxitude: 35,76 graos Oeste
3.754 kms dende o porto de saída en Vigo

Escrito a bordo por Mario Sánchez (UTM), Iván Casal (UTM) e Fiz Fernández

Agora que alcanzamos as costas de Groelandia, a nosa Rosita xa fixo uns 620 km indo e vindo os fondos do Atlántico Norte. Pero isto sería imposible se non fose polo traballo teimosamente repetitivo do chigre. O chigre da Rosita consisten nun molinete de cable electromagnético de 8 km de largo que os técnicos da UTM se empeñan es estibar perfectamente. Xeralmente pensamos que as grúas e os molinetes que serven para botar e sacar os equipos dos mar son parte do buque como normal.  Pero non ¡¡ Un buque de esta tipoloxía e un mundo de guindastres e molinetes, emulando aquelo de que “O Charmiento é coma una chelva de chigres”. No Sarmiento hai mas de unha ducia de chigres. Cada un ten a súa especificade  e funcionalidade  aínda que os hai tamén multiuso. Os do grupo-lodo traballan habitualmente con dos de eles. E todos eles exixen de un control, revisión e vixilancia continua. O mar é un ambiente moi agresivo para este tipo de maquinaria e os fallos nestas maquinas poden ser ademais de un perigo para os tripulantes, un perigo para os obxectivos dunha campaña.

Estibando o cable electromagnético da Rosita.
Estibando o cable electromagnético da Rosita.

Pero como comentamos hai dúas semanas a nosa Rosita ten o seu propio chigre, e antes de esta campaña tocou cambiar todo el cable… 8000 metros de cable!! Que estrés (X3)!!. Primeiro que si a fábrica demorou a súa entrega por mor dun lume nas súas inst.alacións, logo que cando se colocou o cable no chigre non foi adecuadamente feito a pesar de moito esforzos. Non é fácil, non é so poñer algo ben estibado ben ordenado senón que ten que ser feito cunha tensión axeitada para que cando realmente se traballe o cable das voltas de fora no deformen o bobinado inferior.

O caso foi despois de saír o mar coas ilusións dunha nova campaña, de un novo reto, e dedicar un día de navegación, tivemos que volver, .. !! + X3¡¡. A cara de frustración do xefe de campaña foi lembrada decotío nas conversas posteriores. Só unha estampa no viaxe de volta aledounos algo a frustración e a tensión de saber como resolver outro reto. Viamos como as gaivotas co seu branco fluorescente e mascatos se organizan para sacar vantaxe da viaxe do Sarmiento e viaxar a low cost con nos de volta a casa. En terra o nosos técnicos UTMs despregaron un exército de molinetes, maquinas tractoras, e logo dun traballo sen paradas de 18 horas continuadas nos volvemos o mar cun chigre perfectamente axustado e que a dia de hoxe, xusto o pe de Groelandia, leve movendo mais 620 km recorridos pola nosa Rosita de 800 kg sen que sufrise nin desaxuste milimétrico.

Gaivotas e mascatos saúdan ó Sarmiento de Gamboa.
Gaivotas e mascatos saúdan ó Sarmiento de Gamboa.

Ah!! pero este novo cable da tamén sorpresas curiosas. A súa especial particularidade cable que conten un cable coaxial interior condutor das sinais da Rosita e esta perfectamente illado ao longo dos seus 8 km para que las sinais  electrónicas cheguen  sen mancha sen ningún ruído o laboratorio de control e almacenamento de datos. O cable de dobre trenzado como unha pipicalzaslargas, resultou que conten unha graxiña interior especial que coa tensión de varias toneladas va saíndo. Foi curioso ver como as pastecas tomaban primeiro color azul, e logo co tempo e o sal, color amárelo. Íase acumulando tanta graxa na pasteca logo de pasar centos de km de cable que unha masa graxenta ameazaba caer sobre a nosos cabezas, se non fose pola frecuente e esmerada  limpeza dos tripulantes. Finalmente para no quedar aquí a cousa, Juan o noso contramestre, asegura ver un pez-lua saboreando esta graxiña. Parece que non foi o prato do seu gusto.

Como dicía un colega noso “o demo esta nos detalles”, así que aínda que hai equipos fronteira que permiten seguir avanzando en ciencia, outros menos prosaicos son imprescindibles para acadar os obxectivos nunha campaña oceanográfica. Dende os mares do Irminger, continuara …

Ver a entrada anterior
Box Corer e Equipo Lodo en acción

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.