Venres 29 Marzo 2024

Ecoansiedade, streaming, eructos das vacas e cambio climático

A ecoansiedade é o medo crónico a unha catástrofe ambiental irreversible. A Asociación Americana de Psicoloxía (APA) lembra nun informe que, aínda que a ecoansiedade non está recoñecida como unha afección médica, os seus síntomas poderían traducirse en episodios cotiáns de inquietude, brotes de pánico repentino ou na toma de decisións drásticas para evitar conflitos morais internos. Leo que a noticia de que ver series en Netflix é prexudicial para o planeta. A pegada de carbono xerada nun mes polo visionado dos 10 principais éxitos televisivos mundiais de Netflix é equivalente a conducir un automóbil desde a Terra ata alén de Saturno.

Youtube emite anualmente tanto dióxido de carbono como Glasgow, a cidade escocesa onde se celebrou o cume climático COP26. Con todo, realizamos accións moito máis prexudiciais para nós e o planeta e non modificamos a nosa conduta. Non podo comprender como nos fixamos nestes pequenos detalles e usamos e xeramos tanto desperdicio de plásticos dun só uso.

Publicidade

O mesmo sucede coas vacas. Leo que “non son as ventosidades das vacas as que expulsan metano senón os seus eructos; é dicir, o metano orixínase no proceso de fermentación entérica (no rumiado dos alimentos, vaia) e é expulsado a través da boca e nariz. Polo visto (e digo polo visto, porque estes cálculos son estimacións) cada vaca expulsa ao día entre 3 e 4 litros de metano. Se multiplicamos o número de vacas no mundo polo número de litros, saen unha chea de litros. Millóns.” A eco ansiedade galopa libremente.

Aínda que gran parte da atención céntrase na aviación, a automoción e a alimentación, a explosión na popularidade dos servizos de Disney+, Netflix e todas as demais plataformas de streaming, expón a cuestión da súa contribución ao cambio global (segundo estes cálculos, ver documentais sobre o quecemento do planeta é darlle un pequeno empurrón).

Cada actividade na cadea requirida para transmitir vídeo, desde o uso de enormes centros de datos e a transmisión a través de redes sen fíos e banda ancha ata ver o contido nun dispositivo, require electricidade, a maioría da cal se xera mediante a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Netflix estima que unha hora de visionado dun usuario na súa plataforma produce “moi por baixo” de 100 gramos de dióxido de carbono equivalente (CO2e), unha unidade de medida que indica a pegada de carbono. Carbon Trust afirma que a media europea é de 55 a 56 gramos de CO2 por cada hora de transmisión de vídeo. Iso equivale a conducir uns 300 metros en coche.

Os abonados de Netflix investiron 6.000 millóns de horas vendo os 10 programas máis populares, que incluíron Squid Game, Stranger Things, Money Heist e Bridgerton, nos primeiros 28 días despois do lanzamento de cada programa.

Isto equivale, segundo a estimación de Carbon Trust, a ao redor de 1.800 millóns de km de viaxe en automóbil, o equivalente aproximado da distancia actual entre a Terra e Saturno.

En canto a Youtube, un informe de investigadores da Universidade de Brístol baseado en estimacións do uso da plataforma en 2016, calculou que se poderían producir máis de 11 millóns de toneladas ao ano, similar a unha cidade do tamaño de Glasgow ou Frankfurt. Dado que Youtube tiña 1.400 millóns de usuarios ese ano e agora ten máis de 2.400 millóns de usuarios en todo o mundo, a pegada de carbono da empresa será significativamente maior na actualidade.

A principios deste ano, Netflix anunciou o seu obxectivo de alcanzar cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro para fins de 2022. Nos últimos anos as grandes empresas de Silicon Valley como Microsoft, Apple e Facebook comprometéronse a alacanzar este obxectivo. Unha empresa con cero emisións netas alcanza un equilibrio entre as emisións producidas polas súas actividades e as emisións que elimina da atmosfera. Lograr un estado de emisións netas cero é similar a manter o nivel da auga dunha bañeira coa billa completamente aberta e o desaugadoiro aberto. Lograr unha emisión neta cero é similar a equilibrar o nivel da auga nunha bañeira.

Un aspecto conflitivo é se as emisións xeradas polos consumidores que ven os programas deben terse en conta. O plan de Netflix só se basea na pegada de carbono das súas operacións corporativas e a realización de películas e programas de televisión. É dicir, que a culpa sempre a ten o outro e, se paga, mellor.

“Quentar unha bolsa de flocos de millo no microondas supón o 30% das emisións dunha hora en calquera plataforma de streaming

Nun blogue no que explica como calcula as emisións, Netflix afirma que os provedores de servizos da internet e os fabricantes de dispositivos, como os fabricantes de televisores, iPad e teléfonos móbiles, deberían “idealmente contabilizar esas emisións eles mesmos”.

O crecemento do tráfico da internet foi estratosférico nos últimos anos, con ata un 80% da capacidade de datos ocupada pola popularidade dos servizos de gran ancho de banda dun puñado de empresas como Netflix, Youtube, Facebook, Activision Blizzard, que fabrica Call of Duty e Epic Games, a compañía detrás de Fortnite.

O tempo dedicado aos servizos de transmisión por subscrición como Netflix aumentou de 30 minutos a 50 minutos, o que segue sendo unha pequena proporción do tempo de uso de televisión de moitas persoas.

Non hai que alarmarse xa que con só quentar no microondas unha bolsa de flocos de millo durante catro minutos, prodúcense aproximadamente un 30% das emisións que supón ver unha hora en calquera das plataformas de streaming.

Aínda que a calefacción, a mobilidade e a comida son as cousas nas que máis pensamos algo tan inocente como o muesli con leite, ten unha pegada de carbono máis alta ca unha hora de Netfix.

Se chegaches ata aquí, procura usar menos plástico (evitalo é case imposible). E o que uses, úsao varias veces. E cando o tires, faino no contedor de plásticos.


Por se quere ler más:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

A UDC propón políticas de transición enerxética para 13 rexións con altas emisións de CO2

O proxecto europeo ENTRANCES, liderado dende a institución coruñesa, estudou 13 zonas europeas en proceso de descarbonización

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes