Xoves 28 Marzo 2024

Diversidade de elasmobranquios en Perú

Ecoloxía azul

Perú é un país moi atractivo en canto a biodiversidade, tanto terrestre como mariña. Se falamos de flora calcúlase que alberga unhas 25.000 especies vexetais (un 10% do total mundial); se nos centramos nas aves podemos atopar unhas 1.879 especies (das cales 139 son endémicas), o que representa o 19% do total do mundo e o 60% da avifauna de América do Sur, situándose como o segundo país con máis especies a nivel mundial despois de Colombia, que ostenta o primeiro posto cunha maior diversidade de aves. No eido mariño, ata o momento están identificadas, a modo de resumo, unhas 750 especies de peixes, 872 de moluscos, 412 de crustáceos, 45 de equinodermos e 240 de algas.

As augas peruanas presentan un gran valor en canto a conservación de tiburóns

As augas peruanas presentan un gran valor en canto á conservación das quenllas.  Isto contrasta fortemente cunha carencia en iniciativas de xestión e a falta de estudos sobre a súa bioloxía, ecoloxía e pesca. Aínda así, Perú atópase entre os 12 principais países exportadores de aletas de quenlla no mercado de Hong Kong. Aínda que o goberno rexistra pesos totais por especie, número de exemplares descargados, así como parámetros poboacionais (por exemplo, sexo, tamaño e peso), estes datos non son reportados. Ademais, para algúns xéneros, a identificación a nivel de especie é deficiente, sobrestimándose a biomasa descargada a nivel de especie e subestimándose a diversidade específica (Gonzalez-Pestana et al.).

Publicidade

A literatura existente, como a guía de tiburóns de Perú entre outras publicacións, tenta botar luz sobre a identificación dos escualos para o público en xeral. Con todo non se dispoñía, ata o momento, dunha listaxe profunda e completa sobre as especies de elamobranquios presentes nas ricas augas peruanas, información básica para levar a cabo plans de xestión e conservación efectivos (que comezan timidamente a implementarse neste país).

tiburones

Coa intención de encher este baleiro, foi publicado recentemente un interesante e actualizado traballo sobre as especies de condrictios rexistradas ata o momento en augas de Perú: An updated checklist of Chondrichthyes from the southeast Pacific of Peru, publicado na revista científica especializada en temas de biodiversidade, e de acceso libre, CheckList.

checklist

 

No devandito traballo contabilizáronse un total de 115 especies (aproximadamente o 9% de total mundial), que inclúe 66 especies de quenllas, 43 de raias ou mantas, e 6 de quimeras. Preséntanse nel 9 novos rexistros para este país e un recente descubrimento, ademais de comentarios e actualizacións sobre as distribucións xeográficas.

Segundo Dulvy et al. (2014) case a metade das especies coñecidas de condrictios están avaliadas baixo a clasificación de ‘Datos Insuficientes’, segundo a IUCN. Mesmo información básica, como é a presenza ou ausencia nos diversos ecosistemas mariños do mundo, é escasa. O presente rexistro actualizado pode proporcionar unha base sólida para un sistema de xestión de pesca mellorado dacordo ao establecido no Plan de Acción para a Conservación e Xestión das Quenllas (FAO 1999) e o recentemente aprobado Plan Nacional de Acción para a Conservación e Xestión de Quenllas, Raias e Especies Afíns no Perú.

Ecoloxía azul

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto europeo busca reducir a captura accidental de especies protexidas no Atlántico

Investigadoras do IEO liderarán un dos casos de estudo dirixido a mitigar a captura de quenllas e tiburóns nas pesqueiras de atún
00:00:13

Aparece unha quenlla na Illa de Arousa cunha ferida nun costado

O exemplar de 1,5 metros de lonxitude achegouse á liña de costa, algo pouco habitual nesta especie propia de augas máis frías e oceánicas

De Terranova a Galicia: as viaxes do tiburón máis rápido do mundo

A investigación pretende proporcionar coñecemento sobre a bioloxía, o comportamento reproductivo e a conservación deste tipo de tiburón

O tiburón de Oleiros morreu por inxestión de plásticos

Varios obxectos, como tapóns de botella e fibras de pesca, obstruíron a válvula espiral do exemplar ata provocar o seu falecemento