Xoves 25 Abril 2024

De verdade son o pinto e a maragota a mesma especie?

Ecoloxía azul

A alguén lle poderá sorprender a seguinte pregunta: son o pinto e a maragota dúas especies? Con todo, a día de hoxe segue a ser unha cuestión aberta, mesmo dentro da comunidade científica.

Aactual clasificación taxonómica considera a estes dous morfotipos como unha única especie, Labrus bergylta. Pero recentemente atopamos o seguinte artículo:

Publicidade

Is the ballan wrasse, Labrus bergylta, two species? Genetic analysis reveals within-species divergence associated with plain and spotted morphotype frequencies

Abstract: The ballan wrasse, Labrus bergylta is a marine fish belonging to the family Labridae characterised by two main morphotypes that occur in sympatry: spotty and plain. Previous studies have revealed differences in their life-history traitssuch as growth and maturation; however, the genetic relationship between forms is presently unknown. Using twenty recently developed microsatellite markers, we conducted a genetic analysis of 41 and 48 spotty and plain ballan wrasse collected in Galicia (NW Spain). The two morphotypes displayed highly significant genetic differences to each other (FST = 0.018, P<0.0001). A similar degree of genetic differentiation (FST = 0.025, P<0.0001) was shown using STRUCTURE clustering approach with no priors at K = 2. In this case, the frequency of spotty and plain morphotypes was significantly different (x2 = 9.46, P = 0.002). It is concluded that there is significant genetic heterogeneity within this species, which appears to be highly associated with the spotty and plain forms, but not completely explained by them. Given the previously demonstrated biological differences between morphotypes, and the present genetic analyses, we speculate about the convenience of a taxonomic re-evaluation of this species.

Maragota (arriba) e pinto (abaixo) Fotos: David Villegas-Ríos.
Maragota (arriba) e pinto (abaixo) Fotos: David Villegas-Ríos.

“Especulamos en col da conveniencia dunha reavaliación taxonómica desta especie” din os autores. Sorprendidos? Pois nós non demasiado. No artigo cítanse estudos previos onde revelabamos a existencia de claras diferenzas nas características vitais deses dous morfotipos, apuntando a posibles diverxencia xenética evolutiva en poboacións simpátricas.

En primeiro lugar apreciamos claras diferenzas nos patróns de crecemento. Os pintos (spotted) obteñen maiores tamaños que as maragotas (plain) (Villegas-Ríos et al. 2013).

Curvas de crecemento de pinto e maragota. Villegas-Ríos et al. 2013
Curvas de crecemento de pinto e maragota. Villegas-Ríos et al. 2013

Tamén atopamos diferenzas no calendario reprodutivo. Labrus bergylta é unha especie hermafrodita secuencial. Nos primeiros anos da súa vida “actúa” como femia e ao redor dos 10 anos o seu sistema reprodutivo sofre un proceso de transformación que o converte nun macho. De posta bentónica (ovos depositados en substratos rochosos), é o macho o encargado de coidar das postas de todas afemias que constitúen o seu ‘harén’ ata a eclosión das larvas. Mentres que tanto pinto e maragota maduran aproximadamente á mesma idade e talla, ao redor dos 2 anos e medio e 23.5 cm, o cambio de sexo atrásase no  caso dos pintos. As maragotas pasan a macho sobre os 7 anos mentres que os*pintos fano aos 11 (Villegas-Ríos et al. 2013).

Cambios de sexo por tallas.
Cambios de sexo por tallas.

Pero ademais resulta que o investimento en reprodución non parece ser a mesmo entre estes dous grupos, pinto/maragota. A maragota produce unha cantidade considerablemente maior de ovos que o pinto (Villegas-Ríos et al. 2014).

Curvas de fecundidade, talla e peso.
Curvas de fecundidade, talla e peso.

No seguinte vídeo podedes apreciar algúns comportamentos típicos desta especie. Fixádevos con atención que durante o momento da posta non atopamos nunca pintos e maragotas xuntos… Casualidade? Non o cremos

A diverxencia (e posterior especiación) baseada na cor do corpo é algo ben descrito en peixes de auga doce como os cíclidos (Elmer et al. 2009)), pero moito menos evidenciado en peixes mariños. Se, polo motivo que sexa, os pintos só se reproducen cos pintos, e as maragotas coas maragotas, estariamos ante un caso de reprodución non aleatoria baseada na cor que ben podería explicar a posterior diverxencia no seu modo de vida. Se este é o caso, descoñecemos en que momento este apareamento dirixido empezou a acontecer. Sería interesante tamén ver que pasa coa especie noutras zonas do seu rango de distribución, onde semella que pintos e maragotas non se diferencian tan claramente.

Seguirémoslle a pista a este asunto. E seguirémoslla porque a avaliación pesqueira precisa da aclaración deste asunto para ver se xestionamos ambos os morfotipos como un todo, ou facemos xestión separada para cada especie. Na nosa opinión, a evidencia acumulada ata agora é dabondo para que polo menos se xestionen de xeito separado, mentres a ciencia non aclara se se trata dunha ou de dúas especies.

Ecoloxía azul

3 COMENTÁRIOS

  1. despois de ver este magnifico articulo,penso que as diferencias morfoloxicas,as diferencias no ciclo reproductivo,evidencian que tratase de duas especies.Axudaria a esta cuestion facer un estudo do comportamento destas poblacions de peixes.Saudos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario