Así se ven os infravermellos a través da cámara do meu teléfono

Cousas que non vemos

A enxeñeira química Isabel Seca Vijande analiza os infravermellos neste artigo da súa bitácora en GCiencia 'Ciencia e Lilás'

Non sei se a vostedes lles acontece algunha vez, pero eu teño unha pantalla de TV que ás veces fica un pouco preguizosa e ás veces non acende. Tamén pode ser controlada por un mando a distancia, como é habitual. O caso é que como esta TV ten o seu ritmo, sempre que non acende dubido de se é a pantalla ou son as pilas que se acaban.

Ata que pensei nesta idea. O mando da TV emite ondas electromagnéticas no espectro do infravermello e nós non podemos ver se está a emitir ou non xa que o ollo humano é insensible a elas. Mais as cámaras do noso smartphone non incorporan filtro para esas ondas. Polo que a nosa cámara pode detectar emisións que nós non vemos. Desde que descubrín este pequeno truco, deixei de andar ofuscada buscando o erro no mando e xa só me centro en acender e apagar a pantalla, e xa funciona, aforrando tempo e de andar con pilas de máis. Fagan a proba vostedes mesmos e comproben como existen cousas que non vemos!  É, simplemente ciencia.

Espectro electromagnético. Ilustración: Peter Hermes Furian/Shutterstock.com

É  tamén un exemplo divertido para ensinar ás crianzas, que, dependendo da idade ficarán simplmente abraiadas e divertidas ou se xa aprenderon algo de ondas electromagnéticas poden ver unha aplicación práctica :).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.