É recomendable tomar medidas de prevención para facer deporte nesta fase.

Consellos científicos para evitar contaxios nas saídas da desescalada

O investigador Antonio Figueras presenta neste artigo diversos vídeos para protexernos cando comece o desconfinamento

Este vindeiro sábado 2 de maio, poderemos saír dar un paseo e realizar exercicio físico. Isto non significa que non exista risco de contaxio.

Como nos contaxiamos?

Entrando en contacto con partículas do virus que sexan infectivas.

Onde están?

En todas as superficies que toca alguén infectado, ou sobre aquelas nas que caen as pingas dos seus esbirros ou toses.

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Nucleus Medical Media

Que pasa nunha tenda ou nun supermercado?

Se alguén esbirra esas partículas móvense a moita distancia.

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Aalto University

Cando falamos e cando corremos ou usamos a bicicleta temos que procurar manter as distancias e pensar como evitar a liña de expansión de virus.

Mínima distancia ao falar de 1,5 a dous metros.

Nunca corramos detrás de ninguén. O mellor é facelo ao carón ou nunha diagonal con respecto ao que vai diante

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

E se imos en bicicleta?

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

É sinxelo. Temos que evitar a propagación do virus.

Outro exemplo. O uso das máscaras.

Como se despraza un esbirro ou unha tose sen máscaras?

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

E se nos protexemos coa man?

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

E co cóbado?

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

Pero se non nos protexemos… pasa isto:

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Aero Engineering

Ou isto…

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: ATA Engineering., Inc.

E a tose?

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

Todo un canonazo!

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte Nora Scientific

Para iso están as máscaras, pero hai que usalas ben…

A da esquerda está mal axustada; a da dereita, ben.

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: Ansys Inc.

Con e sen máscara:

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: John Delatorre

Tamén se pode utilizar un protector de cara:

Imagen de previsualización de YouTube

Fonte: SIMULIA

Se queremos, podemos.

Ánimo e a coidarse!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.