Venres 29 Marzo 2024

Cold Water & Farewell

Caderno de bitácora:
Porto de Reikjavick/ 28 de xullo de 2016
Latitude: 64,15 graos Norte
Lonxitude: 21,94 graos Oeste

Escrito a bordo por Fiz F. Pérez (IIM-CSIC) como despedida do equipo e da tripulación

O dia de Galicia no Mar.
O dia de Galicia no Mar.

Hai case dúas semanas que deixamos por popa o cabo Farewell, en Groenlandia. Hoxe evocamos ‘farewell’ na súa acepción como ‘despedida’. Voltaremos ós nosos lares onde xa están contando os días que faltan para a nosa chegada. Uns farano a bordo do Sarmiento ata Vigo, os máis apresurados irán vía aérea e os aventureiros perderan algúns días a maiores na Islandia, o paraíso dos xeólogos. Alí arranca a nosa querida ‘dorsal meso Atlántica’, esa cadea de montes submarinos con fracturas que tanto determinan as correntes que fomos estudando durante estes 43 días de singradura. Fomos seguindo as súas cimas ata os últimos días de tocar porto, a golpe de CTD e boxcorer. Nun percorrido moi próximo a Reikjavic, poderemos pisala cos nosos propios pés emulando ó gran Marcos cando dixo aquilo ‘ostras! si estamos no medio do ¡¡¡midel atlantic rich!!!’.

Publicidade

A derradeira viaxe de Rosita conducida por Waldo e Antonio -O rápido de Bouzas-.
A derradeira viaxe de Rosita conducida por Waldo e Antonio -O rápido de Bouzas-.

Aquí se fixeron grandes amizades e o sentimento bipolar de tristura polo remate da campaña e de alegría por tocar terra xorde entre as verbas. Esta campaña deixa feitos inéditos como o primeiro campionato seudo profesional/amateur de Ping-Pong que durante tres semanas disputouse no ventre máis lúgubre do Sarmiento, a bodega. Acondicionado con luz sobre a pista e gradas ós dous costados para os seareiros, puidemos gozar das fases finais facendo a ‘onda’ nos puntos máis disputados. Ó final, os tres gañadores subiron a un podio improvisado e foron galardoados nun evento grazas á complicidade de María e Mario, o cal non desluciu os procedementos Olímpicos, incluíndo medallas e bandeira.

O Día da Patria Galega foi outro dos grandes acontecementos inéditos no Sarmiento. Con varios gaiteiros a bordo e a colaboración inesperada de Maribel e Irene, ambas xa galeguizadas, xuntáronse para ensaiar cancións de tasca e así sacouse a diante unha boa actuación, rematando, como non, entoando o solemne himno de Pondal.

A música é clave nas campañas porque axuda a manter o noso estado psicolóxico en actitudes receptivas, favorecendo un ambiente positivo nun entorno que desgasta psíquica e fisicamente. Nesta travesía, hai varias guitarras clásicas, algunha eléctrica, acordeón e mesmo harmónica. Todo evento sempre está coordinado por un tal Iván, que ademáis de ser fundamental no equipo-lodo, adoita darlle ben a gaita.

Os 3 mellores galardoados do primeiro campionato de Ping-Pong do Sarmiento de Gamboa.
Os 3 mellores galardoados do primeiro campionato de Ping-Pong do Sarmiento de Gamboa.

A campaña chega ó seu fin e os obxetivos foron cumpridos: varias miles de mostras líquidas avenidas por Rosita e mostras sólidas curradas polo equipo-lodo, BOCATS acumulou xigas e xigas de dados de correntes, perfiles de temperatura, salinidade, osíxeno, pH, nutrientes, CO2 natural e tamén de orixe humana.

Os datos son prometedores porque este ano nos atopamos cun océano Atlántico máis frío, debido as duras condicións invernais entre xaneiro ata ben entrado maio de esa rexión. Si o comparamos con anos anteriores, topamos espesas capas de auga (ata de 1600 metros) máis frías, menos salgadas e moi notoriamente máis cargadas de CO2 de orixe humana. Con todo, temos uns valores de pH sistematicamente máis baixos que en anos anteriores (acidificación). Aínda que dende o punto de vista do clima, as observacións físicas son certamente positivas e incluso pode que tamén para as pesqueiras a curto prazo, o equilibrio ácido-base vai ser cualitativamente máis agresivo para os corais de auga fría que sustenta a alta biodiversidade dos fondos mariños.

Gracias a todos aqueles que nos fuches seguindo. Deixamos unha foto de toda a familia BOCATS.

Adeus e saúde a todos e ós nosos mares.

Membros e tripulantes da campaña BOCATS

GCiencia quere agradecer a colaboración, amabilidade e ilusión do equipo e tripulación da misión BOCATS a bordo do Sarmiento de Gamboa. Eles son os artífices e protagonistas desta bitácora, que achegou o día a día dunha misión científica a todos os públicos. Todo isto grazas ás 13 crónicas asinadas dende o Atlántico Norte por Mercedes de la Paz, Fiz F. Pérez, Irene Alejo, Susa Álvarez, Guillermo Francés, Víctor Pelayo, Toni Padín, Elisa Fernández, Maribel García, Mario Sánchez, Iván Casal e Patricia Zunino.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que fai a supercomputación galega nun xacemento exipcio de hai 3.500 anos?

O CESGA almacena nun repositorio seguro a información das campañas de escavación que se desenvolven na antiga cidade de Tebas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias