Así son as ondas asasinas

O MIT desenvolveu un algoritmo para predicir as 'ondas asasinas'.
O MIT desenvolveu un algoritmo para predicir as 'ondas asasinas'.

“A historia da navegación está chea de catástrofes causadas por este tipo de ondas asasinas de 20 ou 30 metros de altura que xorden aparentemente da nada e afunden a embarcacións sen darlles tempo aos seus tripulantes para afrontar a ameaza”. Enxeñeiros do MIT publicaron recentemente,  na revista “Journal of Fluide Mechanics”,  o desenvolvemento dunha ferramenta de predición que pode dar aos mariños unha marxe de 2-3 minutos ante a chegada dunha onda xigante, proporcionando tempo dabondo para realizar as operacións esenciais nun barco ou plataforma en alta mar ante un fenómeno deste tipo.

A ferramenta, en forma de algoritmo, analiza os datos das ondas ao redor dos navíos para detectar grupos que poden converterse nunha onda xigante. Dependendo da lonxitude e a altura dun grupo de ondas, o algoritmo calcula a probabilidade de converterse en onda xigante nos próximos minutos.

Os seguintes vídeos mostran a forza do mar e a violencia coa que ondas “normais” impactan nos barcos en diversas zonas do mundo.

Non imaxino como pode ser unha onda asasina de verdade.

Nas nosas costas Portos do Estado ten un complexo sistema de boias para medir o tamaño da ondada que alcanza o territorio nacional. Hai unha ducia de boias costeiras e 15 da rede exterior, en augas profundas.

Segundo os datos dos que dispón este organismo do Ministerio de Fomento, a máis grande onda medida en España produciuse durante un violento temporal o 24 de xaneiro de 2009 na costa santanderina, e foi medida pola boia Augusto González de Linares. A ‘Altura significante’ (a media do terzo superior) rexistrada polo dispositivo ese día deu un valor de 14,8 metros, polo que se pode calcular que a Hmax da onda individual máis alta alcanzou esa xornada os 26,1 metros. Estatisticamente, a onda máxima calcúlase que é 1,6 veces a onda significante. Iso implica que as ondas máximas foron de 18,4 metros a 20,34. O récord absoluto segue a telo a boia de Santander, que o 24 de xaneiro de 2009 rexistrou unha onda máxima de 26,13 metros.

E, para rematar, unha curiosidade: o mar ás veces ábrese…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.