Martes 19 Marzo 2024

Académico Lomonósov, Chernóbil Ártico mariño?

O biólogo Antonio Figueras analiza nesta bitácora os riscos da central nuclear flotante que entrou en funcionamento en Rusia

A primeira planta nuclear flotante do mundo, Académico Lomonósov, trasladouse de Murmansk ao seu destino final Pevek ao norte de Rusia onde está a producir electricidade. É o Chernobyl Ártico?

Pevek, a cidade portuaria na península de Chukotka onde atracará o enxeño, emprega o carbón (traído desde as minas de Yakutia) e á antiga planta nuclear de Bilíbino para producir electricidade.

Publicidade

O ‘Académico Lomonósov‘, argumentan as autoridades, contribuirá precisamente a reducir as emisións contaminantes —ao frear a queima de carbón— e a pechar a obsoleta planta nuclear. O seu nome oficial é Académico Lomonósov. Greenpeace chámao o “Chernóbil flotante”.

Preparativos para abastecer a central flotante.

O deseño e construción do Académico Lomonósov durou unha década e o seu periplo comezou en abril de 2018, cando saíu a remolque de San Petersburgo rumbo a Múrmansk. A localidade está preto da remota base militar na que morreron cinco persoas por un accidente durante o ensaio dun mísil nuclear. Os detalles son secreto de Estado, malia que o sinistro elevou os índices de radiación nunha localidade próxima. Esta coincidencia alimentou o debate sobre o eventual impacto ambiental dun fallo desta central flotante.

Rosatom, a axencia atómica rusa, insiste en que o Académico Lomonósov non pode afundirse en ningunha circunstancia —nin sequera en caso de desastre natural— e que incorpora tecnoloxías aprendidas tras do desastre de 2011 en Fukushima (Xapón).”

Un camarote da central nuclear flotante.

Greenpeace e outros grupos ambientalistas insisten, en cambio, na ameaza que supón a instalación, que precisa ser remolcada, o que fai máis doado que sexa obxectivo dun atentado terrorista. Tamén cuestionan a necesidade de enviar estacións nucleares flotantes para xerar electricidade en rexións remotas. O Académico Lomonósov necesitará dentro de sete anos un recambio do combustible nuclear, para o que deberá ser remolcado novamente a Múrmansk, co consecuente gasto e ameaza de contaminación.

Pevek ten menos de 6.000 habitantes, pero necesita a enerxía para a industria mineira da zona, especialmente os xacementos de ouro.

É, de feito, a primeira planta nuclear flotante desde o MH-1A Sturgis, o reactor militar estadounidense que subministrou electricidade á canle de Panamá entre 1968 e 1975, cando se considerou que o seu mantemento era excesivamente caro. O proxecto para construír unha planta nuclear flotante da Westinghouse Electric en augas costeiras do Estado de Nova Jersey nos anos setenta foi abandonado polas protestas da xente.

A central nuclear, trasladada por un remolcador.

Rosatom, propietaria e xestora do “Académico Lomonósov”, é a corporación nuclear estatal da Federación Rusa que reúne a máis de 350 empresas nucleares e ás institucións de investigación e desenvolvemento que operan nos sectores Civil e de Defensa. Cunha experiencia de case 70 anos no campo nuclear, son líderes globais na xeración de tecnoloxías e solucións competitivas para as industrias de vangarda que ofrece. Traballan a escala mundial para prestar servizos nucleares integrais tales como o arriquecemento de uranio para o tratamento dos residuos nucleares.

Rosatom ten a única frota de rompexeos nucleares do mundo. Xera o 40% do mercado mundial de uranio e o 17% do mercado mundial de combustible nuclear. É Nº1 a nivel mundial en número de reactores nucleares en construción simultánea (9 en Rusia e 19 no estranxeiro). É Nº2 a nivel mundial en reservas de uranio e N°3 a nivel mundial na extracción anual de uranio. Doutra banda, xera ao redor do 18% da potencia total de enerxía en Rusia e máis do 40% da enerxía da Rusia europea.”

Rosatom ten proxectos en pé nos seguintes países: Australia, Armenia, Bangladesh, Bielorrusia, Bélxica, Bulgaria, Corea do Sur, Inglaterra, Hungría, Alemaña, Vietnam, India, Irán, España, Casaquistán, China, México, Eslovaquia, USA, Tanzania, Turquía, UAE, Ucraína, Finlandia, Francia, República Checa, Suíza, Suecia, Sudáfrica, Xapón.

Rosatom ten posibles proxectos a iniciarse en: Arxentina, Bangladesh, Belarus, Bolivia, Brasil, India, Xordania, China, Mongolia, Finlandia e República Checa.

Nesta ligazón teñen información sobre accidentes nucleares

Así que: sentadiños e a esperar a ver que pasa…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Hai un risco elevado dun gran ciberataque ruso a nivel mundial”

Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia, analiza as posibilidades dunha guerra cibernética no conflito de Ucraína

Que sabemos dos cortes de enerxía das centrais nucleares en Ucraína?

As forzas rusas ocuparon as infraestruturas de Chernóbil e Zaporiyia, aínda que, de momento, os expertos aseguran que non hai unha ameaza inmediata

Rusia incumpre piares básicos de seguridade nuclear en Ucraína

O Organismo Internacional de Enerxía Atómica asegura que o persoal debe traballar sen presións e con sistemas de comunicación fiables, pero non se está a cumprir

Científicos e divulgadores rusos firman unha carta en repulsa á invasión de Ucraína

'Fagamos ciencia, non a guerra!’, reclama o manifesto antibélico, impulsado por Mikhail Gelfand e con centos de firmas de respaldo