Venres 29 Marzo 2024

A serie ‘Breaking Bad’, a ollos dun químico

Unha nova entrega do programa 'Efervesciencia' que afonda na química da famosa ficción de televisión

Bernardo Herradón vs Walter White

Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20) O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45).

Os ollos vagos necesitan mirar ao ceo

José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo… (35:20).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.