Explicación: dous mapas globais relevantes das nubes altas en franxas de Xúpiter poden compararse con só esbarar o teu cursor sobre esta proxección definida (ou segue esta ligazón) realizada con datos de imaxes do Telescopio Espacial Hubble Space Telescope. Ámbalas dúas captáronse o 19 de xaneiro, durante as rotacións de 10 horas consecutivas do xigante dominado polo gas, as proxeccións do planeta completorepresentan a primeira dunha serie de retratos planificados anualmente polo programa ROuter Planet Atmospheres Legacy (ou Legado de Atmosferas de Planeta Exterior). Comparando as dúas destácanse os movementos das nubes e as medidas de velocidades do vento da dinámica atmosférica do planeta. De feito, a Gran Mancha Vermella, a famosa tormenta xiratoria de longa duración, fachendea de ventos de 300 millas por hora, ollándose un filamento xiratorio e serpeante. As imaxes confirman que a Gran Mancha Vermella está aínda a encollerse, pero todavía é máis grande có planeta Terra. Posando preto dela (parte inferior dereita) está o Óvalo BA, tamén coñecido coma Mancha Vermella Júnior.