Venres 19 Abril 2024

Xemínidas sobre o observatorio Xinglong

Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net
Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net

Explicación: desde onde veñen os meteoros das xemínidas? En termos de localización no ceo, tal e como se amosa na imaxe fermosamente composta de arriba, os anaquiños de rocha do tamaño de grans que crean as raias da chuvia de meteoros das xemínidas semellan fluír desde a constelación dos Xemelgos. En termos do proxenitor, as traxectorias no Sistema Solar apuntan ao asteroide 3200 Phaethon; pero isto vén a ser algo misterioso xa que ese estraño obxecto semella estar bastante inactivo. Quizais 3200 Phaethon sofre maior número de eventos que liberan po dos que coñecemos, pero aínda aí, o que ocorre exactamente e por que fica a ser un enigma. Chegando ao máximo a semana pasada, capturáronse uns 50 meteoros que inclúen un brillante bólido sucando por riba do observatorio Xinglong en China. Como as xemínidas de decembro son unha das chuvias de meteoros máis activas e predicibles, probablemente continúen as investigacións dos detalles da súa orixe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Debemos alarmarnos polo aumento de casos de tosferina?

En 2023, o número de casos desta enfermidade altamente contaxiosa aumentou en máis de nove veces con respecto ao ano anterior

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O achado do maior réptil mariño da historia: así o descubriu unha rapaza de 15 anos

Un pai e a súa filla atopan en Reino Unido os restos dun peixe lagarto extinto que puido medir tanto como unha balea azul