Martes 16 Abril 2024

Wolf-Lundmark-Melotte

Créditos da imaxe: ESO, VST/Omegacam Local Group Survey
Créditos da imaxe: ESO, VST/Omegacam Local Group Survey

Explicación: baptizada polos tres astrónomos que procederon ao seu descubrimento e identificación, WolfLundmarkMelotte (WLM) é unha galaxia anana solitaria. Ollada cara a constelación Cetus, na súa maior parte meridional, a uns 3 millóns de anos luz da Vía Láctea, é un dos membros máis remotos do noso grupo local de galaxias. De feito, poida que endexamais interactuara con outra galaxia do grupo local. Con todo, as rexións de formación estelar co seu desvelador cor rosa e as estrelas novas e quentes, de azul, zarrapican o aillado universo illa. As estrelas máis quentes e frías, amarelas, esmorecen dentro do pequeno halo galáctico, que se estende uns 8.000 anos luz de diámetro. Este retrato definido de WLM captouse coa cámara de campo amplo OmegaCAM de 268 megapíxeles e o telescopio de sondaxes no Observatorio Paranal do ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang