Sábado 20 Abril 2024

Wolf-Lundmark-Melotte

Créditos da imaxe: ESO, VST/Omegacam Local Group Survey
Créditos da imaxe: ESO, VST/Omegacam Local Group Survey

Explicación: baptizada polos tres astrónomos que procederon ao seu descubrimento e identificación, WolfLundmarkMelotte (WLM) é unha galaxia anana solitaria. Ollada cara a constelación Cetus, na súa maior parte meridional, a uns 3 millóns de anos luz da Vía Láctea, é un dos membros máis remotos do noso grupo local de galaxias. De feito, poida que endexamais interactuara con outra galaxia do grupo local. Con todo, as rexións de formación estelar coa súa desveladora cor rosa e as estrelas novas e quentes, de azul, zarrapican o aillado universo illa. As estrelas máis quentes, frías e amarelas, esmorecen dentro do pequeno halo galáctico que se estende uns 8.000 anos luz de diámetro. Este retrato definido de WLM captouse coa cámara de campo amplo OmegaCAM mailo telescopio de exploración do Observatorio Paranal do ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150