Sábado 20 Abril 2024

Vía Láctea sobre o observatorio

Créditos da imaxe e copyright: Sebastián D’ Alessandro.
Créditos da imaxe e copyright: Sebastián D’ Alessandro.

Explicación: que son esas manchas de luz do ceo? Primeiro, a máis importante: a estrutura en arco da franxa central da nosa galaxia Vía Láctea. Nesta banda galáctica poden ollarse millóns de estrelas afastadas mesturadas con numerosos corredores de po escuro. Máis difícil de albiscar é un chorro case vertical de luz que se ergue desde o horizonte, xusto á dereita do centro da imaxe. Este chorro é a luz zodiacal, luz solar esparexida polo po do noso Sistema Solar que pode aparecer abraiantemente destacado xusto tralo solpor ou xusto antes do mencer. No primeiro plano hai varios telescopios da Estación Astrofísica Bosque Alegre da Universidade Nacional de Córdoba en Arxentina. A estación programa visitas de fins de semana e dirixe investigacións sobre a natureza de moitos obxectos astronómicos, incluíndo cometas, galaxias activas e cúmulos de galaxias. A imaxe publicada tirouse a comezos deste mes de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón