Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas, TWAN)

Vía Láctea e luminiscencia austral

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas, TWAN)

Explicación: unha luminescencia excepcionalmente intensa, captada o abril pasado tralo solpor dunha noite invernal chilena, anega esta escena. A panorámica celeste tamén está chea de estrelas, cúmulos e nebulosas ao longo da Vía Láctea meridional, incluíndo as nubes de Magallanes Pequena e Grande. A luminescencia, que se orixina a unha altitude semellante ás auroras, débese á quimio-luminescencia, a produción de luz pola excitación química. Normalmente gravada cunha cor verdecente polas sensibles cámaras dixitais, aquí tanto a emisión de luminescencia vermella como a verde proceden sobre todo dos átomos atmosféricos de osíxeno a unha densidades moi baixas e que a miúdo se produciron nas noites do hemisferio sur durante os últimos anos. Como a Vía Láctea nesa noite escura, a potente luminescencia puido verse a simple vista, pero sen a cor. Marte, Saturno e a brillante estrela Antares de Scorpius forman un triángulo celeste que ancora a escena pola esquerda. A estrada dirixe cara os 2.600 metros de altura da montaña do Cerro Paranal e os Telescopios Moi Grandes do Observatorio Europeo do Sur ou ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.