Explicación: como sobrevivirán as vacas na Lúa? Os científicos gastaron décadas debatindo este tema clave, unha das cuestións que máis interesa sobre o espazo. Ao final, tras modelacións informáticas extensas e sobre unha ducia de muxiduras a media noite, os enxeñeiros deseñaron, construíron e agora probaron o novo Lunar Grazing Module (LGM ou Módulo de Pastoreo Lunar), un sistema de contedor bovino espacial e multiusos. Desta volta, moitos de vós xa non vos abraiaredes de que vos desexemos desde o APOD un feliz Día Primeiro de Abril (ou April Fool’s Day, día adicado ás bromas). Ata onde nós chegamos a saber, non hai na actualidade plans de guindar vacas ao espazo. Por unha razón, as vacas son animais grandes que non se lanzan de xeito doado nin barato. Tan amigables coma poden ser as vacas, en contraposición con elas resulta que os todoterreos robóticos son normalmente máis efectivos coma exploradores científicos. A imaxe publicada é da suxerente obra de arte “Mooooonwalk”, que se exhibe nun popular museo científico.