Xoves 25 Abril 2024

Venus mailo Sol triplemente ultravioleta

Créditos da imaxe: NASA/SDO mailos equipos AIA, EVE e HMI ; Composición dixital: Peter L. Dove
Créditos da imaxe: NASA/SDO mailos equipos AIA, EVE e HMI ; Composición dixital: Peter L. Dove

Explicación: en 2012 ocorreu un estraño tipo de eclipse solar. Normalmente é a Lúa terrestre que eclipsa ao Sol. De xeito máis estraño, ese ano o planeta Venus colleu a quenda Coma unha eclipse solar pola Lúa, a fase de Venus físoxe de cada vez un cuarto minguante máis fino pouco a pouco no entanto aumentaba a súa mellor aliñación co Sol. Ao final o aliñamento se fixo perfecto e a fase de Venus caeu a cero. A mancha escura de Venus cruzou a nosa estrela. A situación podería etiquetarse tecnicamente como unha eclipse anular venusiana cun anel de fogo esaxeradamente grande. Na fotografía durante a ocultación, o Sol foi fotografado en tres cores de luz ultravioleta polo Solar Dynamics Observatory (SDO ou Observatorio de Dinámica Solar) que orbita á Terra, coa rexión escura da dereita coincidindo cun burato coronal. Horas máis tarde, mentres Venus continuaba a súa órbita, voltou a aparecer unha fina fase crecente de novo. O vindeiro tránsito venusiano atravesando o Sol ocorrerá en 2117.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150