Venres 19 Abril 2024

Venus e Xúpiter están próximos

Venus e Xúpiter proximos
Créditos da imaxe composta e copyright: Wang, Letian.

Explicación: o 30 de xuño, Venus e Xúpiter estiveron achegados nos ceos occidentais no lusco fusco. Preto do cumio da espectacular conxunción deste ano, os dous planetas brillantes vespertinos son capturados no mesmo campo de visión telescópico nesta imaxe tirada tralo solpor desde Bejing, China. Mentres os dous planetas brillantes fican xuntos no oeste, unha Lúa case chea érguese sobre o horizonte polo sur e leste. Fotografada esa noite cos mesmos telescopio e cámara, a Lúa saíndo desde a parte oposta do ceo é comparada coa conxunción planetaria en escala na imaxe composta dixitalmente. O disco lunar completo cobre un ángulo de medio grao no ceo. Tamén son visibles, tanto con prismáticos como telescopios pequenos, o crecente de Venus e as catro lúas galineanas de Xúpiter. Por suposto, Venus e Xúpiter aínda están achegados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...