Xoves 25 Abril 2024

Unha Súper-Terra de diamante e lava

Explicación: por que poderías querer visitar a súper-terra Cancri 55 e? Ten un clima incriblemente quente xa que as mañás deste mundo poderían traer fluxos de lava fresca. O planeta Cancri 55 e, descuberto en 2014, ten o dobre do tamaño cá nosa Terra e unhas 10 veces a súa masa. O planeta orbita a 40 anos luz de distancia á súa estrela de tipo solar ben dentro da órbita de Mercurio, tan preto que está trabado gravitatoriamente, o que significa que sempre mantén a mesma faciana cara o obxecto que orbita; como lle pasa á nosa Lúa cando orbita á Terra. Os astrónomos mediron recentemente os cambios de temperatura deste exoplaneta empregando observacións en infravermellos co Telescopio Espacial Spitzer. Seguindo estas observacións, un artista creou o vídeo publicado con hipóteses baseadas sobre como sería unha revolución de Cancri 55. Represéntanse a fase chea, cando o planeta está compleamente alumeado, e a fase nova (escura), cando pasa preto da liña de visión da Terra. As franxas vermellas ilustradas sobre Cancri 55 eindican franxas de lava que poderían fluír sobre o planeta. Unha determinación recente da densidade de 55 Cancri e amosa que este exoplaneta non está feito fundamentalmente deosíxeno, como os planetas interior do noso Sistema Solar, pero con bastante carbono. Por tanto, una razón para visitar Cancri 55 e podería ser estudar o seu núcleo, porque a gran presión interna deste planeta podería ser abondo para facer que o carbono atopado estivera en forma dun enorme diamante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón