Sábado 20 Abril 2024

Unha nube lenticular con forma de corazón

Créditos da imaxe e copyright: Michael Kunze
Créditos da imaxe e copyright: Michael Kunze

Explicación: pode unha nube amar a unha montaña? Quizais non, pero nun Día dos Namorados coma hoxe, un podería tender a ollar símbolos con forma de corazón onde non os hai. O corazón publicado, unha pareidolia flotante, era realmente unha nube lenticular que apareceu unha mañá a finais de xullo por riba do Parque Nacional do Monte Cook en Nova Zelandia. Un vídeo acompañante amosa que a nube lenticular era sobre todo estacionaria no ceo pero variaba e vibraba cos ventos do derredor. A cor vermella da nube estaba provocada polo Sol que saía por fóra do recadro á dereita. As nubeslenticulares son dalgún xeito estrañas pero poden formarse no aire que pasa sobre unha montaña. Entón, os remuíños verticais poden formarse onde o aire que se ergue arrefría ata pasar o punto de orballo facendo que a auga transportada polo aire se condense en pingas. Por desgraza, esta vista abraiante fixo que o fascinado videógrafo chegara tarde ao almorzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Atopada en ratos a primeira diana terapéutica contra a hipertensión pulmonar

Investigadores españois dan o primeiro paso para salvar a función cardíaca en pacientes con esta rara pero letal enfermidade