Unha nebulosa de po de anxo

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Explicación: a luz combinada das estrelas ao longo da Vía Láctea é reflectida por estas nubes de po cósmico que se erguen a uns 300 anos luz máis ou menos por riba do plano da nosa galaxia. A feble aparición, alcumada a nebulosa do Anxo, é parte dun gran complexo de nubes moleculares difusas, tenues e relativamente inexploradas. Os cirros galácticos de po, que se atopan de xeito común en latitudes galácticas altas, poden perfilarse sobre grandes rexións cara os polos galácticos norte e sur. Xunto coa reflexión da luz estelar, os estudos indican que as nubes de po producen unha feble luminescencia avermellada, xa que os grans de po interestelar converten a invisible radiación ultravioleta en luz visible vermella. A imaxe de amplo campo de 3×5 graos, que tamén capta estrelas achegadas da Vía Láctea e un conxunto de galaxias afastadas en segundo plano, abarca unhas 10 lúas cheas ao través do ceo do planeta Terra cara a constelación Osa Maior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.