Xoves 28 Marzo 2024

Unha eclipse parcial de Sol sobre Buenos Aires

Créditos da imaxe e copyright: Fefo Bouvier
Créditos da imaxe e copyright: Fefo Bouvier

Explicación: que está a pasar na parte superior do Sol? A semana pasada, certas partes do hemisferio sur da Terra foron obsequiadas cunha eclipse solar parcial, cando a Lúa tapa parte do Sol. A imaxe publicada foi tirada cara o final da eclipse desde a costa de Uruguai mirando por riba de Buenos Aires na Arxentina. O faro que adorna a illa Farallón pode verse no primeiro plano e hai un avión xusto á esquerda do Sol. Realmente a imaxe é unha combinación dixital de dúas exposicións consecutivas tomadas coa mesma cámara usando a mesma configuración; unha tomada para a paisaxe e outra do Sol ao fondo. A vindeira eclipse solar visible na Terra será outra eclipse parcial que ocorrerá a mediados de xullo e que se contemplará desde partes da Australia meridional que inclúe Tasmania.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente