Unha eclipse lunar total sobre Taxiquistán

Eclipse de Lúa en Taxiquistán

Créditos do vídeo e copyright: Jean-Luc Dauvergne (Ciel et Espace); Música: Valère Leroy e Sophie Huet (Space-Music).
Explicación: se a Lúa chea esmorecese de súpeto, que verías? Durante a eclipse total lunar de xuño de 2011 gravouse a resposta nun emocionante vídeo secuencia desde Taxiquistán. Durante unha eclipse total lunar a Terra móvese entre a Lúa e o Sol, facendo que a Lúa se atenúe radicalmente. Aínda que a Lúa nunca se volve completamente escura, xa que a atmosfera da Terra refracta algo de luz. Mentres comeza o vídeo superior, a escena pode parecer que transcorre de día coa luz do Sol, pero realmente trátase da noite co luar da Lúa chea. Como a Lúa se eclipsa e esmorece, o vento diminúe e as estrelas do fondo poden ollarse reflectidas no lago do primeiro plano. O máis espectacular de todo, o ceo que arrodea a Lúa eclipsada semella estar de súpeto cheo de estrelas, salientando o plano ateigado da nosa galaxia da Vía Láctea. A secuencia repítese cunha vista máis achegada, e a imaxe final amosa o lugar da Lúa eclipsada preto da Aguia, o Cisne e as nebulosas Trífida e Lagoa. Case dúas horas despois de que comezara a eclipse, a Lúa emerxeu desde a sombra terrestre e a súa claridade voltou dominar o ceo por completo. A vindeira eclipse lunar total ocorrerá este mércores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.