Venres 19 Abril 2024

Unha duna de area escura en Marte

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech
Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech

Explicación: que está a facer esa duna de area escura en Marte? O todoterreo automático Curiosity da NASA estivo a estudala para averigualo, facendo esta investigación en primeiro plano nunca antes feita dunha duna de area activa noutro mundo. Denominada Duna Namib, o outeiro de area escura conta cuns 4 metros de altura e, ao igual cás outras Dunas Bagnold, sitúase no flanco noroccidental do Monte Sharp. A fotografía publicada tirouse o mes pasado e comprimiuse horizontalmente aquí para unha mellor comprensión. O vento fai que a duna avance un metro por ano máis ou menos polo leito rochoso de embaixo, e á esquerda pode ollarse area que soprou o vento. Incluso pode verse parte do propio todoterreo Curiosity na parte inferior dereita. Xusto hai uns poucos días, o Curiosity recolleu algo de area escura para unha análise polo miúdo. Despous dunha exploración adicional das Dunas Bagnold, está programado que o Curiosity continúe a súa andaina ata o Monte Sharp, de 5 quilómetros de altura, o pico central do gran cráter onde aterrou o todoterreo do tamaño cun coche.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema