Venres 29 Marzo 2024

Unha cheminea de fadas

Créditos da imaxe e copyright: Wayne Pinkston (LightCrafter Photography)
Créditos da imaxe e copyright: Wayne Pinkston (LightCrafter Photography)

Explicación: esta estrutura de rocha non é surreal; é real. A razón pola que non é máis famosa é, quizais, por ser máis pequena do que un podería supor: a rocha do remate sobresae só uns poucos metros. Aínda así, o afloramento King of Wings, situado en Novo México, EUA, é un exemplo fascinante dun estraño tipo de estrutura de rocha chamado cheminea de fadas. As chemineas de fadas poden formarse cando unha capa de rocha dura sobresae por riba dunha capa de rocha máis branda erosionada. Figúrate que os detalles de incorporar esta cheminea de fadas a unha instantánea co ceo nocturnos levou máis ou menos un ano. Amais de agardar por unha noite axeitadamente pintoresca por tras dun ceo con poucas nubes, o primeiro plano tiña que ser alumeado de xeito artificial o xustiño en relación ao brillo natural do fondo. Despois de moito planear e agardar, o disparo final, publicado aquí, tomouse en maio de 2016. Imitando á barra horizontal, o ceo do fondo amosa a franxa da nosa galaxia Vía Láctea estricándose no alto.

1 comentario

  1. Sinto moito decirvos que o que amosa a foto sexa unha cheminea de fadas. Acaeríalle millor o nome de releve residual, ou mesa (táboa), pero non cheminea de fadas ou tamén femme coiffée (muller peiteada). Pero tanto ten. Unha belida foto co nome que lle deades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente