Xoves 28 Marzo 2024

Unha burbulla nun mar cósmico

Créditos da imaxe e copyright: Sébastien Gozé
Créditos da imaxe e copyright: Sébastien Gozé

Explicación: ollas a burbulla do centro? Semellando estar á deriva nun mar cósmico de estrelas e gas brillante, a aparición delicada e flotante deste amplo campo catalógase coma NGC 7635; a nebulosa Burbulla. Con tan só 10 anos luz de anchura, a pequena nebulosa Burbulla mailo complexo máis grande de nubes de po e gas interestelar que se atopa a uns 11.000 anos luz de distancia, a escarranchapernas do límite das constelacións parentais Cepheus e Cassiopeia. Tamén se inclúe na vista espectacular o cúmulo estelar aberto M52 (arriba á esquerda), a uns 5.000 anos luz de distancia. A imaxe publicada abarca uns dous graos do ceo que se corresponden a unha anchura duns 375 anos luz á distancia estimada da nebulosa Burbulla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente