Venres 29 Marzo 2024

Un quásar e unha lente gravitacional

Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA, Sherry Suyu et al.
Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA, Sherry Suyu et al.

Explicación: unha cousa rara sobre o grupo de luces preto do centro é que as catro son o mesmo quásar afastado. Isto débese a que a galaxia en primeiro plano, no centro das imaxes do quásar e da imaxe publicada, está a actuar coma unha lente gravitacional variable. Unha cousa aínda quixais máis rara é que ao ollar estes quásares do fondo escintilar, podes estimar a velocidade de expansión do universo. Iso débese a que o tempo de escintileo aumenda cando a velocidade de expansión medra. Pero para algúns astrónomos a cousa máis rara de todas é que estes quásares fotografados de xeito múltiplo indican un universo a expandirse un chisco máis rápido do que se estimara por diferentes métodos aplicados ao universo temperán. E iso é porque… ben, ninguén o sabe de certo. As razóns poderían incluír unha distribución estraña de materia escura, algún efecto descoñecido de gravidade ou algo completamente diferente. Quizais observacións e análises futuras desta e simaxes de quásares aumentadas de xeito semellante eliminarán estas estrañezas..

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente