Venres 19 Abril 2024

Un planeta onde tes dúas sombras

Créditos do póster ilustrado: NASA, JPL, Exoplanet Travel Bureau
Créditos do póster ilustrado: NASA, JPL, Exoplanet Travel Bureau

Explicación: queres coller unhas relaxantes vacacións interestelares? Pensa na posibilidade de visitar Kepler-16b, un planeta nun sistema estelar binario. De feito, Kepler-16b é o primeiro planeta descuberto que orbita dúas estrelas. Detectouse nunha ampla órbita de 229 días ao redor dunha parella estreita de estrelas frías e masa baixa, a uns 200 anos luz de distancia. As estrelas eclípsanse entre si nas súas órbitas, observándose un atenuamento da súa luz estelar. Pero o propio Kepler-16b foi descuberto ao descubrir unha diminución adicional moi lixeira do brillo producido durante os seus tránsitos. Como o planeta ficticio Tatooine da famosa Star Wars, os dous soles poríanse sobre o seu horizonte. Con todo, probablamente Kepler 16b non sexa un mundo terreste deserto coma Tatooine. En vez diso, pénsase que Kepler 16b será un planeta frío e inhóspito coa masa aproximada de Saturno nunha superficie gasosa… así que prepara a roupa axeitada. Ou escolle outro destino vacacional en Visións do Futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural