Un paseo pola Estación Espacial en Ultra HD

Explicación: este vídeo espectacular, filmado en Ultra HD, pode levarde de viaxe pola Estación Espacial Internacional. Unha lente ollo de peixe cun foco definido e moita fondura de campo proporciona unha experiencia visual inmersiva sobre a vida neste posto remoto orbital. Nun paseo virtual de 18 minutos, o teu punto de vista flotará con serenidade mentres ollar ao noso fermoso planeta pasar a 400 quilómetros baixo a Cupola de sete xanelas, e explorar o interior dos nodos e módulos habitables da estación desde a perspectiva dun astronauta. A Estación Espacial Internacional modular é o meirande satélite artificial da Terra, co tamaño aproximado dun campo de fútbol en lonxitude e anchura. O seu volume total presurizado é máis ou menos igual ao dun avión Boeing 747.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.