Venres 29 Marzo 2024

Un horizonte con azul e vermello

Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar (Planetario Ciudad de La Plata)
Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar (Planetario Ciudad de La Plata)

Explicación: que está a acontecer sobre o horizonte? O propio horizonte, pasando un eido de espinacas en Guatemala, amosa árbores e tamén un volcán: o Volcán de Fogo. O brillo vermello do cumio do volcán é lava quente. Pero o noso ollo pode tamén ser atraído polo circo azul sobre a esquerda do horizonte. Este círculo arrodea á Lúa e, xunto con outras cores, denomínase a coroa. Unha coroa é provocada pola difracciónda luz (aquí o luar) polas pequenas pingas de auga da atmosfera terrestre que se interpón. Un burato nas nubes da dereita amosa ás estrelas e incluso ao planeta Saturno afastado máis alá do volcán. Aínda que o Volcán de Fogo sofre a cotío actividade de baixo nivel, o astrofotógrafo considerouse afortunado por captar a escena xusto durante unha erupción explosiva no setembro pasado.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente