Venres 29 Marzo 2024

Un ceo feliz sobre Los Ángeles

Créditos da imaxe e copyright: Dave Jurasevich (Observatorio do Monte Wilson)
Créditos da imaxe e copyright: Dave Jurasevich (Observatorio do Monte Wilson)

Explicación: ás veces, o ceo parece sorrirlle ben á Terra. Neste día de 2008, visiblesobre o planeta, había unha pouco habitual superposición da nosa Lúa e os planetas Venus e Xúpiter. As imaxes tiradas no intre correcto amosan un cuarto crecente que semella ser un sorriso ao emparellarse coa conxunción planetaria dos aparentemente achegados Xúupiter e Venus. Nesta fotografía está a escena que aparecía desde o observatorio do Monte Wilson mirando desde arriba Los ÁngelesCalifornia (EUA) tralo solpor do 30 de novembro de 2008. No máis alto do ceo e máis afastado está o planeta Xúpiter. Moito máis preto e visible por baixo e á esquerda de Xúpiter está Venus, aparecendo ao través das nubes atmosféricas da Terra nun azul estraño. No extremo dereito, sobre o horizonte, está a nosa Lúa nunha fase crecente. As nubes finas alumeadas pola Lúa semellan estrañamente laranxas. Na parte inferior da imaxe espállanse os outeiros de Los Ángeles, moitos cubertos por unha tenue brétema, mentres que os rañaceos de LA poden ollarse no extremo esquerdo. Horas despois de tomar esta imaxe a Lúa achegouse ao afastado dúo, eclipsou brevemente a Venus, e despois seguiu movéndose. Esta semana está a ocorrer outra conxunción de Venus e Xúpiter e pode ollarse desde gran parte do planeta Terra cara o leste xusto antes do mencer.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites