Xoves 28 Marzo 2024

Un ano de lúas cheas

Créditos da imaxe e copyright: Talha Zia
Créditos da imaxe e copyright: Talha Zia

Explicación: son iguais todas as lúas cheas? Pois non. Para ver as lixeiras diferenzas bótalle unha ollada a esta grella de 12 lúas cheas. Desde a parte superior esquerda ata a inferior dereita, as imaxes representan cada lunación desde novembro de 2016 deica outubro, fotografadas desde Pakistán. Os plenilunios consecutivos amósanse todos á mesma escala, tan diferente da famosa ilusión lunar, o cambio no tamaño aparente visto aquí é real. Este cambio é provocado pola variación na distancia lunar debida a que a órbita da Lúa e considerablemente non circular. A marca negra no fondo da lúa chea de agosto de 2017 é a sombra da Terra; provocándolle esta eclipse lunar parcial. Ademais dunha coloración ás veces esaxerada, pode observarse un cambio sutil na aparencia nun examen achegado, cando a Lúa semella abalar lixeiramente dunha lúa chea á seguinte. Este efecto, coñecido coma libración, é máis intenso e sinxelo de ver neste vídeo da lunación que salienta todos os xeitos nos que a Lúa semella mudar durante un mes (moon-th; n.t.; a denominación en inglés de mes, month, alude directamente á lunación ou mes lunar).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites