Venres 29 Marzo 2024

Un ameazante cantil do cometa 67P

Cometa Churyumov–Gerasimenko
Créditos da imaxe e licenza: ESA, Rosetta, NAVCAM.

Explicación: que é o que ameaza por tras deste outeiro de grava espallada sobre o cometa Churyumov–Gerasimenko? Un cantil escarpado. O estraño núcleo dobre do cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko apórtalle unhas vistas espectaculares e raras, unha das cales foi captada pola sonda espacial Rosetta, que chegou ao cometa o pasado setembro. A paisaxe cometaria publicada, tirada o pasado outubro e salientada dixitalmente, abarca uns 850 metros de diámetro. Namentres, o cometa Churyumov–Gerasimenko continúa a abrollar chorros mentres se achega ao seu punto máis próximo ao Sol en agosto. Polo camiño, a Rosetta continuará á procura dos sinais da Philae, unha sonda que aterrou no núcleo pero rebotou a un lugar descoñecido da superficie o pasado novembro. Se recibise de novo a luz solar, a Philae podería recuperar enerxía abondo para comunicarse outra vez coa Rosetta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente