Xoves 25 Abril 2024

UGC 1810: galaxia interaccionando salvaxemente desde o Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; Procesado e copyright: Domingo Pestana
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; Procesado e copyright: Domingo Pestana

Explicación: que lle está a pasar a esta galaxia espiral? Aínda que non se coñecen os detalles, seguramente ten que ver cunha batalla en curso co seu veciño galáctico máis pequeno. A galaxia da publicación está etiquetada coma UGC 1810 ela soa, pero xunto co seu compañeiro de colisión coñécense coma Arp 273. Posiblemente a forma global de UGC 1810 (en concreto o seu anel azul máis exterior) é un resultado das interaccións gravitacionais violentas e salvaxes. Esta cor azul do anel está provocada polas estrelas masivas que son azuis e cálidas e que se formaron só nos últimos millóns de anos. A galaxia máis interna semella máis vella, avermellada e enfiada con po filamentario frío. Unhas poucas estrelas brillantes aparecen ben no primeiro plano, sen relación con UGC 1810, mentres que se poden ver varias galaxias no fondo. Arp 273 atópase a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación de Andrómeda. É bastante probable que UGC 1810 devore ao seu secuaz galáctico durante os vindeiros milleiros de millóns de anos e se asente nunha forma espiral clásica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ceo por fin ten nomes galegos: este é o dicionario das 88 constelacións

A Real Academia Galega aproba a listaxe, froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e un equipo de expertos en Astronomía

Ceos Galegos 2019, un calendario con catorce abraiantes imaxes

Sae á venda a nova edición do almanaque de gran formato con fotografías nocturnas e astronómicas tomadas desde varios puntos de Galicia

Encélado en silueta

A imaxe amosa os penachos que continuamente expulsa ao espazo desde o polo sur a lúa de Saturno de 500 quilómetros de diámetro

Charla e observación astronómica na Nave de Vidán, en Santiago

O físico Dosi Veiga comeza a súa xira de charlas sobre as mellores imaxes astronómicas do ano para a NASA