O triángulo de verán sobre a Gran Muralla

Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net
Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net
Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net
Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net

Explicación: algunha vez viches o triángulo de verán? As estrelas brillantes VegaDeneb e Altair forman un triángulo no ceo que se pode ollar erguéndose na primavera setentrional durante a mañá; e saíndo no outono do norte ao solpor. Durante os meses de verán, o triángulo atópase case no máis alto preto da media noite como as tres estrelas máis brillantes do ceo. Publicado aquí, xunto co arco da franxa central da nosa galaxia Vía Láctea, o asterismo do triángulo de verán foi captado esta primavera sobre a Gran Muralla de China. Esta parte da Gran Muralla, un lugar Patrimonio da Humanidade, foi construída durante o século VI nos montes Yan. No cumio está a torre Wangjinglou desde a que, nunha noite despexada, poden verse ao lonxe as luces de Beijing.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.