Transbordador espacial elevándose

transbordador espacial
Créditos da imaxe: NASA.

Explicación: que está a subir desde as nubes? O transbordador espacial. Ás veces, se tiveses mirado pola xanela dun avión no lugar e intre xustos, poderías ter ollado algo moi estraño: un transbordador espacial despegando á órbita. As fotografías do transbordador subindo mailo seu ronsel difundíronse moito pola rede xusto despois do derradeiro lanzamento do Endeavour en maio de 2011. A foto superior tirouse desde un avión de transporte de adestramento pola NASA e non ten copyright. A imaxe, tomada ben por riba das nubes, pode compararse con imaxes similares do mesmo ronsel do transbordador tiradas baixo as nubes. Os gases quentes e brillantes expulsados polos motores poden verse preto do transbordador subindo, así como un longo penacho de fume. No banco de nubes aparece unha sombra do penacho, sinalando a dirección do Sol. O programa Transbordador Espacial dos Estados Unidos rematou en 2011, e o Endeavour pode visitarse agora no California Science Center.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.