Tour de nubes noctilucentes

Créditos da imaxe e copyright: Simon Lericque (GAAC)
Créditos da imaxe e copyright: Simon Lericque (GAAC)
Créditos da imaxe e copyright: Simon Lericque (GAAC)
Créditos da imaxe e copyright: Simon Lericque (GAAC)

Explicación: As nubes que brillan pola noite ou noctilucentes non son visións habituais ao norte de Francia. Pero estas ondas de cor azul-eléctrico atravesaban os ceos sobre a pequena cidade de Wancourt en Pas-de-Calais o 6 de xullo, xusto antes do mencer. Desde o bordo do espazo, a uns 80 quilómetros sobre a superficie da Terra, as nubes xeadas reflicten aínda a luz solar incluso aínda que o propio Sol estea por baixo o horizonte tal e como se vería desde o solo. As aparicións diáfanas, normalmente albiscadas a latitudes elevadas nos meses de verán, son coñecidas tamén coma nubes polares mesosféricas. Enténdese que as nubes estacionais se forman a partires do vapor de auga que se dirixe ás capas superiores e frías da atmosfera condensándose polas finas partículas de po fornecidas polos meteoros desintegrados ou a cinza volcánica. Amisión AIM proporciona proxeccións das nubes noctilucentes tal e como se ollan desde o espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.