Explicación: todas as eclipses lunares e solares de 2017 están representadas á mesma escala nestes catro paneis, tal e como se viron desde o planeta Terra. O xogo de sombras celestes deste ano foi seguida por catro países diferentes por un aventureiro cazador de eclipses. Como saque inicial da tempada de eclipses, na parte superior esquerda captouse a Lúa chea de febreiro desde a Chequia. A súa sutil sombra, ao ser unha eclipse lunar penumbral, débese á sombra más externa e clara da Terra. Máis tarde nese mes a Lúa Nova arriba á dereita estivo arrodeada por un anel de lume, gravado nunha película desde Arxentina preto do punto medio da espectacular eclipse solar anular. A parella inferior de eclipses de agosto atopa á esquerda a escura sombra umbral da Terra na eclilpse parcial desde Alemania , maila vibrante coroa solar arrodeando un Sol totalmente eclipsado desde os EUA occidentais. Se levas conta do marcador, os números Saros (ciclos de eclipses) para todas as eclipses de 2017 están na parte inferior esquerda de cada panel.
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?