Xoves 25 Abril 2024

Todas as cores do Sol

Todas as cores do Sol
Créditos e copyright: Nigel Sharp (NSF), FTS, NSO, KPNO, AURA, NSF.

Explicación: aínda se descoñece por que a luz do Sol está a perder algunhas cores. Velaquí están todas as cores visibles do Sol, producidas ao pasar a luz solar ao través dun dispositivo a xeito de prisma. O espectro creouse no Observatorio Solar McMath-Pierce e amosa, de primeiras, que aínda que o noso Sol de aparencia branca emite luz en case toda cor, semella ser máis brillante na luz amarela-verde. As manchas escuras do espectro superior xorden do gas que está en ou por riba da superficie do Sol, que absorbe a luz solar emitida por baixo. Como os tipos diferentes de gas absorben cores diferentes de luz, pódese determinar que gases compoñen o Sol. O helio, por exemplo, foi o primeiro descuberto en 1870 nun espectro solar e só atopado máis tarde aquí na Terra. Hoxe, a maioría das liñas de absorción espectral foron identificadas; pero non todas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días