Xoves 18 Abril 2024

A Terra entre os aneis

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicacióno 12 de abril, mentres o Sol estaba bloqueado polo disco de Saturno, a cámara da sonda espacial Cassini mirou cara o Sistema Solar interior e os aneis retroalumeados do xigante de gas. Na parte superior do mosaico está o anel A coa súa ampla división de Encke e a máis estreita de Keeler visibles. Na parte inferior está o anel F, brillante pola perspectiva. O punto de luz entre os aneis é a Terra, a 1,4 miles de millóns de quilómetros de distancia. Olla coidadosamente e poida que incluso descubras a gran lúa terrestre, unha alfinetada de luz á esquerda do planeta. Hoxe, a Cassini realiza o seu derradeiro achegamento próximo a Titán, a propia gran lúa de Saturno, empregando a súa gravidade para xirar ao Gran Final da sonda, o conxunto final de órbitas que leverán á Cassini xusto por dento dos aneis de Saturno.

Celebra o día da Terra: adopa ao planeta

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón