Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U./APL, Southwest Research Inst.
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U./APL, Southwest Research Inst.

Sputnik Planum en Plutón

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U./APL, Southwest Research Inst.
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U./APL, Southwest Research Inst.

Explicación: hai un océano por baixo de Sputnik Planum en Plutón? A estrañamente chaira extensión dourada de 1000 km de anchura, que se pode ollar na imaxe publicadada New Horizons, parece segmentada en células de convección. Pero como se creou esta rexión? Agora, unha hipótese sostén que a resposta está nun gran impacto que remexeu un océano subterráneo de auga salgada cuns 100 quilómetros de grosor.  A imaxe publicada de Sputnik Planum, parte da zona máis grande con forma de corazón Tombaugh Regio, foi tirada o pasado xullo e amosa detalles auténticos en cores esaxeradas. Aínda que a nave espacial automática New Horizons xa marchou para unha nova aventura, seguen a facerse modelos informáticos deste abraiante accidente xeográfico da superficie de Plutón que probablemente leve a ideas máis refinadas sobre o que se atope por baixo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.