Venres 19 Abril 2024

Sospeitas de vida en Encélado

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: ten Enceladus océanos subterráneos que poidan manter a vida? O descubrimento de chorros cuspindo vapor de auga e xeo foi detectado pola nave espacial Cassini, que está a orbitar Saturno, en 2005. Porén, a proxe da auga que alimenta os chorros era descoñecida orixinalmente. Desde o descubrimento, fóronse amoreando evidencias de que Encélado ten un fondo océano subterráneo, arrequecido pola fricción de marea. Nesta fotografía, a superficie texturada de Encélado pode verse no primeiro plano, mentres que fileiras de penachos se erguen desde as crebaduras do xeo ao lonxe. Estes chorros fanse máis visibles polo ángulo do Sol e ao traspasar a sombra da noite. Un sobrevoo recente atopou evidencia de que un penacho (e por tanto seguramente o mar subxacente) é rico en hidróxeno molecular, unha fonte de alimento viable para os microbios que potencialmente puideran estar a vivir ahí.

1 comentario

  1. Por matizar un pouquichiño o título da imaxe, que se simplificou ao respecto do que aparece na web APOD en galego na que traducimos o texto da NASA; o título orixinal é: “Penachos que posibilitan a vida sobre Encélado”. No texto claro. Non se atopou vida. Non se sabe se hai vida en Encélado. A Cassini non podería detectar vida a non ser que unha lura xigante se puxera a unha distancia axeitada da súa cámara con luz suficiente XD
    O único, atopouse un elemento que noutros lugares serve de alimento para a vida (microbiana, por exemplo), nos penachos emitidos polos géyseres que proceden do interior de Encélado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón