Xoves 25 Abril 2024

A sombra terrestre e a colmea

Créditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN)

Explicación: a escura sombra umbral da Terra ten a forma dun cono que se estrica polo espazo. Como é natural, pode ollarse de un corte transversal circular á distancia da Lúa de xeito máis sinxelo durante unha eclipse lunar. De feito, esta imaxe composta con teleobxectivo desde a parte nocturna da Terra o 31 de xaneiro tinguía a súa sombra dunha cor avermellada. O alcance da sombra ao longo da órbita lunar ilústrase aliñando tres fotogramas tirados xusto antes de que comece a fase de eclipse total, no medio e xusto despois do remate, durando uns 76 minutos. Arriba á dereita, visible de xeito doado durante a fase total máis escura da eclipse, está M44, un dos grande cúmulos estelares máis achegado. A só 600 anos luz de distancia, M44 tamén é coñecido coma o Cúmulo do Presebe ou a Colmea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada