Xoves 18 Abril 2024

Solpor en Edmontonhenge

Créditos da imaxe e copyright: Luca Vanzella
Créditos da imaxe e copyright: Luca Vanzella

Explicación: o 18 de setembro, o Sol poñéndose alumeou ámbalas dúas beiras do canón elevado de ladrillos e aceiro coñecido noutrora coma avenida Jasper no centro de Edmonton, Alberta (Canadá, planeta Terra). O aliñamento ao estilo Stonehenge captouse desde o medio da estrada nesta encantadora instantánea. As rúas de Edmonton repousan sobre unha grella orientada case ao longo das direccións cardinais, polo que os aliñamentos nos solpores (e menceres) de Edmonton ocorren ao longo das rúas que van case do leste ao oeste dúas veces por ano, preto do equinoccio. De feito, no último de xoves o Sol cruzou o ecuador celeste ás 14:21 TU e neste día o Sol sairá xusto polo leste e porase xusto polo oeste, dando aproximadamente o mesmo número de horas de luz que de escuridade aos cidadáns do planeta Terra. O equinoccio de setembro marca o comezo astronómico do outono no hemisferio norte e a primavera no sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Debemos alarmarnos polo aumento de casos de tosferina?

En 2023, o número de casos desta enfermidade altamente contaxiosa aumentou en máis de nove veces con respecto ao ano anterior

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O achado do maior réptil mariño da historia: así o descubriu unha rapaza de 15 anos

Un pai e a súa filla atopan en Reino Unido os restos dun pez lagarto extinto que puido medir tanto como unha balea azul

Por que é un erro falar de Galicia como ‘refuxio climático’ para atraer turismo

O turismo contribúe á emisión de gases contaminantes á atmosfera e os refuxios climáticos deben ser accesibles a toda a poboación