Xoves 28 Marzo 2024

Sol escuro sobre Ternate

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: un Sol escuro pendura dun ceo despexado sobre un planeta volcánico nesta paisaxe celeste e mariña matutina. Tomouse durante a eclipse solar total desta semana, unha instantánea espectacular desde o estreito camiño da totalidade na sombra escura dunha Lúa nova. A illa indonesia de Ternate, ao norte de Maluku, atópase no primeiro plano. Aínda que o ceo aínda está brillante preto do horizonte leste, máis alá dos cumios volcánicos planos da rexión e fóra da penumbra da Lúa. De feito, preto do ecuador a escura sombra lunar corre cara o leste atravesando a superficie da Terra a uns 1.700 quilómetros por hora. Ao redor da silueta do Sol, brillando entre as nubes finas, ollamos o brillo sedutor da coroa solar, visible de xeito doado só durante a totalidade. Esta coroa solar, unha visión inspiradora para os observadores de eclipses, é a atmosfera tenue, quente e máis externa do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente