Martes 23 Abril 2024

Sobrevoando Xúpiter en infravermellos

Explicación: como sería sobrevoar o polo norte de Xúpiter? Fíxose unha animación ficticia a partires de imaxes reais e datos captados pola sonda espacial Juno da NASA que amosan unha resposta. Como o polo está agora en sombra, o vídeo emprega luz infravermella emitida por Xúpiter; concretamente unha cor infravermella na que a que os elementos máis quentes brillan máis intensamente. Cando comeza a animación, a Juno achégase ao enorme planeta. Axiña, aparece uno dos oito ciclóns que circundan o polo norte. Un por un, inspecciónanse os oito ciclóns que arrodean o polo, cada un do tamaño dun continente completo da Terra e con muros espirais e irregulares. A viaxe virtual remata afastándose. O estudo dos ciclóns xupiterianos axuda á humanidade a comprender mellor os perigosos sistemas de tormentas que ocorren aquí na Terra. A Juno vén de rematar outro paso próximopor Xúpiter (perixove 12) e semella con saúde abondo para completar varios máis nas órbitas dos vindeiros dous meses.

Charla en Ourense coas imaxes do último ano. No Liceo, sábado 21 abril ás 20.00.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela