Venres 29 Marzo 2024

SM Refsdal: a primeira supernova anunciada

Créditos da imaxe: NASA, ESA e S. Rodney (JHU) mailo equipo FrontierSN; T. Treu (UCLA), P. Kelly (UC Berkeley) mailo equipo GLASS; J. Lotz (STScI) e o equipo Frontier Fields; M. Postman (STScI) e o equipo CLASH; e Z. Levay (STScI)
Créditos da imaxe: NASA, ESA e S. Rodney (JHU) mailo equipo FrontierSN; T. Treu (UCLA), P. Kelly (UC Berkeley) mailo equipo GLASS; J. Lotz (STScI) e o equipo Frontier Fields; M. Postman (STScI) e o equipo CLASH; e Z. Levay (STScI)

Explicación: Voltou! Endexamais se predicira antes a observación dunha supernova. O singular evento astronómico ocorreu no campo do cúmulo de galaxias MACS J1149.5+2223. A maioría das manchas brillantes da imaxe publicada son galaxias deste cúmulo. A supernova real, alcumada supernova Refsdal, aconteceu ben lonxe, ao outro lado do Universo, por detrás xusto deste masivo cúmulo de galaxias. A gravidade fixo que o cúmulo actuara coma unha lente gravitatoria masiva, dividindo a imaxe da supernova Refsdal en múltiples imaxes brillantes. Unha destas imaxes chegou á Terra hai uns dez anos, probablemente a do círculo vermello superior, e perdeuse. As catro imaxes máis brillantes chegaron en abril, no círculo vermello inferior, espalladas ao redor unha galaxia masiva do cúmulo e sendo a primeira supernova de Cruz de Einstein. Pero había máis. As anélises desvelaron que unha sexta imaxe da brillante supernova probablemente aínda estaría de camiño á Terra e chegaría durante o ano seguinte. A comezos deste mes, de acordo co programado, esta sexta imaxe brillante foi recuperada, no círculo vermello do medio, tal e como se predicira. O estudo de secuencias de imaxes coma esta axudan á humanidade a comprender como se distribúe a materia en galaxias e cúmulos, como de rápido se expande o Universo e como explosionan as estrelas masivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente