Xoves 28 Marzo 2024

Simbiose en R Aquarii

Créditos da imaxe: raios X – NASA,CXC,SAO, R. Montez et al.; Visual – Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Créditos da imaxe: raios X – NASA,CXC,SAO, R. Montez et al.; Visual – Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Explicación: R Aquarii, estrela variable a simple vista recoñecida desde hai moito tempo, é realmente un sistema estelar binario en interacción, dúas estrelas que semellan ter unha relación achegada e simbiótica. A uns 710 anos luz de distancia, consiste nunha estrela xigante vermella e fría e unha estrela anana branca quente e densa, en órbita mutua ao redor do seu centro de masas común. A luz visible do sistema binario está dominada pola xigante vermella, unha estrela variable de tipo Mira de periodo longo. Pero o material da estensa envoltura da estrela xigante fría é empurrado pola gravidade sobre a superficie da anana branca máis pequena e densa, desencadeando ao final unha explosión termonuclear e botando material ao espazo. Os datos da imaxe visual (en vermello) amosa o anel de refugallos en expansión calma orixinado por un estoupido que tería sido a comezos dos anos 1770. A evolución dosacontecementos de emisión de alta enerxía polo sistema R Aquarii, menos comprendidos, están a seren monitorizados desde 2000 empregando o observatorio Chandra de raios X, datos en azul. O campo de vista composto ten menos dun ano luz de diámetro á distancia estimada para R Aquarii.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente